MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO EN GALICIA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19

MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO EN GALICIA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19

Anuncio

MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO EN GALICIA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pechan ao público pero ofrecerán á cidadanía atención telefónica e telemática para os trámites urxentes. Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas:

  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  • Se o que necesitas é solicitar unha prestación ou subsidio, contacta antes coa Oficina de Prestacións dependente do SEPE, independentemente da situación da túa demanda de emprego.
  • Se tes que realizar algún trámite urxente na demanda de emprego ou solicitar un certificado ou informe, poderás realizalo a través da Oficina virtual (reactivación da demanda de emprego, solicitude de servizos, ofertas de emprego, …) ou poñéndote en contacto coa túa oficina de emprego telefonicamente ou correo electrónico.
  • NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  • Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

Ademais, compre que teñas en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:

  • NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
  • Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

EN CANTO A RENOVACIÓN DA DEMANDA DE EMPREGO, AS MEDIDAS ADOPTADAS SON AS SEGUINTES:

  • A renovación da demanda interrómpese ata o 30/04/2020. Farase automaticamente dende a Xunta de Galicia.
  • As persoas que teñan algún sistema de identificación dixital (certificado electrónico, DNI-E ou usuario e contrasinal) poderá realizar a renovación por Internet.
  • As persoas que facilitaron un correo electrónico na oficina de emprego recibirán un aviso de que a demanda está renovada.
  • Non se enviarán as tarxetas polo correo. As persoas demandantes terán que renovar segundo a data que conste na tarxeta. No caso de que non figure a seguinte data, terán que calcular 3 meses para facer a seguinte renovación.
  • Cando se abran as oficinas ao público, as persoas poderán obter un duplicado da tarxeta no PID (Punto de Información Dixital) sempre e cando tivesen a pegada dixital escaneada. Tamén poderán chamar a orientadora laboral para que lles indique cal é a data da próxima renovación.

Para calquera consulta previa chama ao teléfono de información 012 ou á túa oficina de emprego.

 

Pechar menú