AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR NO MUNICIPIO DA PONTENOVA

AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR NO MUNICIPIO DA PONTENOVA

O Concello da Pontenova solicitou ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía ( IDAE) unha subvención para o proxecto “AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR NO MUNICIPIO DA PONTENOVA” ao amparo do Programa de axudas a proxectos singulares de Entidades Locais que favorezan o baseo a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, cuxas bases foron aprobadas polo Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (B.O.E. nº 144 de data 17 de xuño de 2017), modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro (B.O.E. nº 314, do 29 de decembro de 2018), o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril de 2019) e o Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro (B.O.E. nº340. Do 30 de decembro de 2020).

Obxectivo específico: 431 Medida 6: Renovación das instalacións de iluminación, iluminación e sinalización exterior.

O importe total das actuacións para a renovación da iluminación exterior que o Concello solicitou ao IDAE ascendeu a 140.353,00 € dos cales 112.282,40 € foron a cargo do IDAE e 28.070,60 € a cargo da Deputación de Lugo, organismo cofinanciador da actuación.

As actuacións executáronse nos seguintes núcleos de poboación: Parque empresarial, Foxas, Coba, Vilaouruz, Liñeiras, Currás, Cabana, Saldoira, Vilar dás Pedras, Acebro e Santo Estebo conseguindo unha redución de enerxía final de 7,299 tep/ano.

Pechar menú