Atletismo

Falar de atletismo na Pontenova é falar da Sociedade Deportiva Albións.

Desde o ano 1994, esta sociedade adicouse a promover a afección polo atletismo e polo deporte en xeral entre a poboación da Pontenova e, especialmente, entre os máis novos.

A sociedade conta cun equipo de atletismo federado a nivel nacional (FEA) e autonómico (FGA) denominado "Club de Atletismo Riguilete".

Este club conta con categorías inferiores (infantís, cadete, xuvenil e júnior) e superiores (promesa, senior e veteranos).

As inferiores participan anualmente en campionatos escolares de campo a través e atletismo en pista. Durante estes últimos anos, o "Riguilete" contou nas súas filas con 6 campións autonómicos e un campión de España.

Así mesmo, estes atletas participan en cantidade de carreiras populares que se organizan, tanto na comunidade galega, como no occidente asturiano.

Ademais, hai que destacar que na Pontenova se celebran tradicionalmente dúas carreiras populares:

- Carreira Popular "Tito Margaride", organizada pola Sociedade Deportiva Albións, coa colaboración do Concello da Pontenova.

- Carreira Popular da "Festa da Troita", que patrocina o CIT e organiza Albións

Deixa unha resposta

Pechar menú