BANDO: Axudas a Ucrania

BANDO: Axudas a Ucrania

O Concello da Pontenova, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), pon en marcha UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA DE APOIO O POBO UCRAÍNO que ten como obxectivo contribuír a paliar a crise humanitaria que está a sufrir o país.

A resposta humanitaria que se da dende o Concello inclúe:

  • Poñer a dispor dos refuxiados/as Ucraínos/as dúas antigas escolas como vivendas dispoñibles para o seu acollemento.
  • Habilitar unha conta solidaria co fin de recadar fondos para atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada polo conflito. As persoas que desexen colaborar poderán realizar un donativo na conta
    bancaria seguinte: ES41 2080 0137 4031 1000 0061
  • Posibilidade de acollemento dos refuxiados/as por familias nos seus domicilios particulares ou proporcionarlles aloxamento alternativo.

Para máis información dirixirse o departamento de servizos sociais do Concello, chamar ó teléfono 982342277 ou ben a través do correo electrónico servizossociais@concellodapontenova.gal.

Ver ou descargar bando.

A Pontenova, 14 de marzo

O Alcalde
Darío Campos Conde

Pechar menú