BANDO: Reiníciate, enfoca o teu futuro

BANDO: Reiníciate, enfoca o teu futuro

O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias para:

REINÍCIATE: ENFOCA O TEU FUTURO

O progama de Acompañamento á inserción laboral da xuventude “Reiníciate: enfoca tu futuro“, promovido pola Deputación de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI) para mocidade entre 16 e 30 anos en paro e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil fóronse formando ao longo destes meses en materias relacionadas coa dixitalización.

Como parte deste acompañamento, estamos á procura de empresas que queiran incorporar en prácticas durante un período de 3 meses a un dos nosos alumnos/as con coste “0” para elas.

Podedes ver a información completa no Bando: ver ou decargar o Bando.

Para máis información dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, chamar ó teléfono 982 34 22 77 ou ben na sede electrónica: http://concellodapontenova.sedelectronica.es

A Pontenova, 25 de marzo de 2022
O Alcalde
Darío Campos Conde

Pechar menú