BANDO: Subvencións para a renovación de electrodomésticos

BANDO: Subvencións para a renovación de electrodomésticos

O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias para:

RESOLUCIÓN DO 16 DE FEBREIRO DE 2022 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, ASÍ COMO A SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA SÚA XESTIÓN, E SE PROCEDE Á CONVOCATORIA PARA A ANUALIDADE 2022 (CÓDIGOS DE PROCEDEMENTO IN414B E IN414C).

  • OBXECTO: Renovacións dos seguintes electrodomésticos:
    • Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A,B,C ou D.
    • Conxelador con clasificación enerxética A,B,C ou D.
    • Lavadora A,B ou C.
    • Lavalouza A,B ou C.
    • Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas).
    • * Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado
  • ADHESIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS:
    • Poderán ser entidades colaboradoras todos aqueles comercios que se dediquen total ou parcialmente á venta de electrodomésticos e particularmente aqueles que desenvolvan a súa actividade baixo un dos seguintes epígrafes do IAE: 653.2 , 661.1 , 661.2 , 662.2.
    • As entidades colaboradoras realizarán ante o INEGA os trámites para solicitar a subvención e efectuarán un desconto directo da axuda na factura da actuación de xeito que o beneficiario non chegue a realizar o desembolso.
    • O prazo de presentación de solicitudes de adhesión para as entidades colaboradoras comezará o 2 de marzo e finalizará o 30 de xuño de 2022
  • PARTICULARES:
    • Subvencións para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia por parte das persoas físicas.-
    • O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 23 de marzo de 2022 ás 9:00 e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.

Para máis información dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, chamar ó teléfono 982 34 22 77 ou ben na sede electrónica: http://concellodapontenova.sedelectronica.es

Ver/descargar bando

A Pontenova, 2 de marzo de 2022
O Alcalde
Darío Campos Conde

Pechar menú