Caza

A Sociedade de Cazadores da Pontenova, foi constituída por cazadores deste municipio o día 10 de Xaneiro de 1976 no local da Sala de Festas "XOLDA" e o seu primeiro Presidente foi D. Manuel Dorrío López.

O Tecor Societario A.Pontenova con número de matrícula LU-10.103, comprende todo o Concello da Pontenova, cunha superficie aproveitable de 13505 ha, das cales 1425 atópanse vedadas, cumprindo así a normativa vixente, que esixe un vedado dun 10% da superficie total do TECOR.

Para a realización de ganchos de corzo atópase dividido en oito manchas, que son: Vilarmide - Vilaboa - Vilaoudriz - Vilaouruz - Vilaxe - Xudán - Rececende - Bogo - Conforto.

Para a realización de ganchos de xabaril, atópase dividido en tres manchas: Vilaouruz - Teixedais - Reigadas.

A mancha de Reigadas ten na actualidade 1425 ha. vedadas, que están comprendidas entre augas arriba do Río Eo, partindo de Piagaponte ata o límite con Ribeira de Piquín en Santiago de Acivro, e a estrada que vai desde Piagaponte ata Penadecabras.

As zonas vedadas rótanse, previa autorización de Medio Ambente, por un período non inferior a dous anos.

Pechar menú