Pesca

A pesca no Río Eo, ao seu paso pola Pontenova, foi desde sempre un dos deportes máis practicados polas xentes do noso municipio e tamén por unha gran cantidade de afeccionados chegados desde todos os puntos de España.

Desde sempre, o Río Eo tivo unha gran fama en todo o ámbito territorial debido ás capturas de troita e salmón realizadas nas súas augas.

Boa proba desta fama é a gran afluencia de participantes e curiosos ao Concurso de Pesca que se celebra todos os anos o primeiro día de maio na Pontenova.

Este Concurso, enmarcado no programa da "Festa da Troita", celebrouse por primeira vez no ano 1978 e en 1986 foi declarada Competición de Interese Deportivo Nacional pola Federación Española de Pesca. Do mesmo xeito, a "Festa da Troita" foi declarada festa de Interese Turístico Nacional no ano 1999.

A asociación encargada de organizar esta competición, desde a súa primeira edición, é o Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova (C.I.T.).

Pechar menú