Proxecto Urbano

Dentro das políticas de desenvolvemento sostible do Concello da Pontenova, un dos obxectivos básicos é desenvolver un núcleo urbano con características urbanísticas harmónicas e que permita unha integración coherente co patrimonio cultural e natural do municipio.

A área de Urbanismo da institución local traballa partindo desta filosofía, que constitúe ademais un eixo transversal de toda a acción de goberno. Ha de terse en conta que a xestión de residuos, o alumado público, o mantemento de parques e xardíns, a incorporación de espazos deportivos e de lecer ou a organización do transporte público, por exemplo, son áreas de traballo craves para mellorar os niveis de calidade dunha contorna urbana.

Deixa unha resposta

Pechar menú