SUBVENCION MODERNIZACION COMERCIO

SUBVENCION MODERNIZACION COMERCIO

PROGRAMA FONDO MODERNIZACIÓN DO COMERCIO

BENEFICIARIOS

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o financiamento de
proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable, dirixidos a impulsar o emprego
das novas tecnoloxías no sector comercial.

 

Establécense dúas liñas de axudas:

 

  • Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais. As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, cuxo establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

 

Consideraranse actuacións subvencionables a implantación e posta en marcha de:

 

1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

 

1.1.1. Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:

 

  1. a) Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).
  2. b) Etiquetaxe electrónica para lineais de venda.
  3. c) Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID.
  4. d) Xestor de colas automatizado.
  5. e) Sistemas de click and collect e locker dixitais.
  6. f) Probadores interactivos.
  7. g) Software para a xestión loxística do e-commerce.
  8. h) Solucións de ciberseguridade.
  9. i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).
  10. j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).
  11. k) Terminais de autopagamento.

 

1.1.2. Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra, a

través das seguintes actuacións:

 

  1. a) Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.
  2. b) Andeis virtuais.
  3. c) Pantallas e mesas interactivas.
  4. d) Totems publicitarios.
  5. e) Encerados dixitais.
  6. f) Aplicacións de realidade virtual e aumentada.

En todo caso, as actuacións comprendidas nas letras a), b), c), d) e e) deberán incluír o

software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.

 

1.1.3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos, a través das seguintes actuacións:

 

  1. a) Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da

eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.

  1. b) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a

regulación automática de luces que melloren e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.

  1. c) Sistemas de climatización do local enerxeticamente eficientes.

1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.

  1. a) Mupis dixitais, interactivos ou non, de sinalización e promoción das áreas comerciais.
  2. b) Ferramentas dixitais colaborativas entre os asociados.
  3. c) Sistemas de click and collect e lockers dixitais.
  4. d) Redes wifi nas áreas comerciais.
  5. e) Redución de insumos por parte dos comercios e das persoas consumidoras nos establecementos mediante a implantación de alternativas respectuosas co ambiente.
  6. f) Elaboración e posta en marcha de procesos ecoeficientes para a correcta separación

dos residuos e á súa posterior reciclaxe

  1. g) Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas conxuntas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético que inclúan a participación de todos os asociados.

 

CONTIA DA AXUDA:

 

Investimentos máximos subvencionables (IVE excluído): ENTRE 50.000 E 200.000 €

 

 

Intensidade da axuda:

 

A porcentaxe da subvención será do 90 % dos investimentos máximos subvencionables establecidos neste artigo.

 

Non se considerarán gastos subvencionables (entre outros):

 

– Os ordenadores persoais e servidores, televisores, impresoras, terminais de punto de venda, tablets, displays, consolas ou similares, agás o mobiliario tecnolóxico previsto no número 1 deste artigo.

 

– Os impostos indirectos nin os tributos de calquera natureza, licenzas, permisos ou gastos similares. O IVE non será subvencionable en ningún caso.

– Os gastos de arrendamento de establecementos ou gastos correntes da actividade da persoa beneficiaria nin os gastos de persoal.

 

– O seguimento, mantemento ou calquera outro gasto relacionado co funcionamento e mellora da solución tecnolóxica tras a súa implementación.

 

– Os traballos realizados pola propia persoa solicitante da subvención nin aquelas actuacións cando o/a vendedor/a dos activos ou o/a prestador/a da actividade sexa da propia empresa ou asociación solicitante ou se se dá un suposto análogo do cal poida derivar autofacturación.

 

– Os elementos de transporte.

 

 

PRAZO DE SOLICITUDES:

 

O prazo  de presentación de  solicitudes finalizará o 30 de xaneiro de 2023.

 

Pechar menú