Xuventude

A área de Mocidade do Concello traballa en íntima relación con outras áreas como Cultura, Deportes e Servizos Sociais. O Goberno local é consciente do potencial que teñen os mozos da Pontenova e da súa capacidade de iniciativa, tanto á hora de participar en accións como para pór encima da mesa actividades que son do seu interese.

Invitamos aos mozos do municipio (e como non, a todos aqueles que sintan novos) a manifestar as súas opinións sobre actividades do seu interese. Para iso poden utilizar a dirección de correo electrónico de contacto que figura neste portal web.

Pechar menú