O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias para:
- RESOLUCIÓN DO 18 DE FEBREIRO DE 2022 DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO POLA QUE SE CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILENCIA FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA NEXTGENERATIONEU, PARA O ANO 2022. (VI406E).
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
- Aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurianuales, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Conseguir unha redución da demanda enerxética anual de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7% ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30%, ou, no caso de actuacións de modificacións ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transferencia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.-
- Cumprir coa normativa vixente.
- Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.
- As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da presentación da correspondente solicitude.-
Contía das axudas: A contía das axudas será do 40% do custo subvencionable cun límite de 3.000,00 €
Prazo de solicitudes: O prazo límite de presentación de solicitudes é o 14/12/2022 agás esgotamento de crédito orzamentario.-
Para máis información dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, chamar ó teléfono 982 34 22 77 ou ben na sede electrónica: http://concellodapontenova.sedelectronica.es
Descargar bando
A Pontenova, 3 de marzo de 2022
O Alcalde
Darío Campos Conde