BANDO: O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias

BANDO: O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias

O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias para:

RESOLUCIÓN DO 23 DE MARZO DE 2022 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE ANUNCIA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS, PARA O ANO 2022-2023, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER-GALICIA 2014-2020 (código de procedemento IN417Y). (VI406E).

BENEFICIARIOS:

  • As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria.
  • As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

  • Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 5 % respecto do consumo inicial.
  • A renovación ou mellora de equipamentos de instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas, por outras de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base a un maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20 % respecto do consumo inicial.
  • A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación existentes que leven asociada unha redución anual de, ao menos, un 40 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vaia realizar.
  • Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do sector servizos, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía, que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

CONTÍA DAS AXUDAS:

  • A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
  • A axuda máxima por empresa beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 1.000.000,00 de euros.

PRAZO DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 19 de abril de 2022 ás 9.00 horas e finalizará o 3 de outubro de 2022.

RESOLUCIÓN DO 1 DE ABRIL DE 2022 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE ANUNCIA A CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA, DIRIXIDO A AUTÓNOMOS E PEMES CON ACTIVIDADE DE COMERCIO, HOSTALARÍA, ARTÍSTICO-RECREATIVAS E OUTROS SERVIZOS (PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME), ANUALIDADE 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN417Z)

BENEFICIARIOS:

  • Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
    • Sección G: comercio por xunto e polo miúdo, divisións 45 a 47 incluídas.
    • Sección I: hostalaría, divisións 55 a 56 incluídas.
    • Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións 90 a 93 incluídas.
    • Sección S: outros servizos, só as divisións 95 e 96.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

1.Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:
a) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.
b) Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
c) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garanta unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
d) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior.
e) Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida refírese exclusivamente ás instalacións fixas, destinadas á climatización e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento; quedan fóra do seu ámbito os equipamentos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público.
f) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.

CONTÍA DAS AXUDAS:

  • A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
  • Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.

Nota: Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2022. O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluir o IVE. O IVE NON É SUBVENCIONABLE.

PRAZO DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de abril e rematará o 14 de xullo de 2022. As solicitudes. As solicitudes de axuda serán resoltas por orden de entrada ata esgotamento de crédito.

RESOLUCIÓN DO 17 DE MARZO DE 2022 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS Á NOVA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDADE, COFINANCIADAS CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020, E SE CONVOCAN PARA O ANO 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO MR362A).

BENEFICIARIOS:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de agricultor activo e que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos a continuación:

1º. Produción agrícola ecolóxica.
2º. Denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e especialidades tradicionais garantidas (ETG).
3º. Denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de viños, 4º. Indicacións xeográficas de bebidas espirituosas.

GASTOS SUBVENCIONABLES e CONTÍA DAS AXUDAS:

  • Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime.
  • A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos, así mesmo non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 €.

PRAZO DE SOLICITUDES:

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 18 de maio de 2022.-

Para máis información dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, chamar ó teléfono 982 34 22 77 ou ben na sede electrónica: http://concellodapontenova.sedelectronica.es

Ver ou descargar bando.

A Pontenova, 11 de abril de 2022

O Alcalde
Darío Campos Conde

Pechar menú