Neste momento estás a ver BANDO: Subvencións destinadas a clubs deportivos da provincia de Lugo

BANDO: Subvencións destinadas a clubs deportivos da provincia de Lugo

O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias para:

SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO EN CONCORRENCIA COMPETITIVA, ANO 2022.

  • Beneficiarios: entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo (enténdase con sede e /ou delegación na provincia), legalmente constituídas e adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que os
    destinatarios formen parte do conxunto demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto destas bases dentro do marco de cada liña e de acordo coas condicións establecidas na presente convocatoria en cada unha das distintas liñas de axudas.
  • Modalidade: Concorrencia competitiva.
  • Importe:
    • Liña de axudas á actividade competitiva federada: Mínimo 300 € – Máximo 5.000 €
    • Liña de axudas para organización e evento deportivo: Mínimo 300 € – Máximo 2.000 €

BOP DE LUGO número 052, do sábado 5 de marzo de 2022.

O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 18 DE MARZO DE 2022.

Para máis información dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, chamar ó teléfono 982 34 22 77.-

Ver ou descargar bando.

A Pontenova, 14 de marzo de 2022

O Alcalde
Darío Campos Conde