O Concello da Pontenova informa que está aberto o prazo para a presentación de instancias para:
SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS CULTURAIS DA PROVINCIA DE LUGO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL NA ANUALIDADE 2022.
- Beneficiarios: entidades culturais ou asociacións (os estatutos deberán recoller eses fins expresamente) legalmente constituídas da provincia de Lugo (enténdase con sede ou delegación social na provincia), adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que desenvolvan a súa actividade no
ámbito territorial da provincia, que os beneficiarios formen parte do conxunto demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto íntegro destas bases. - Modalidade: Concorrencia competitiva.
- Importe: O importe mínimo das subvencións será como mínimo de 300 € e como máximo de 3.000 €.
BOP DE LUGO número 056, do xoves, 10 de marzo de 2022.
O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 28 DE MARZO DE 2022.
Para máis información dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, chamar ó teléfono 982 34 22 77.-
A Pontenova, 14 de marzo de 2022
O Alcalde
Darío Campos Conde