Medio Natural

A Administración Local, como administración próxima e receptiva a calquera demanda cidadá foi permeable á inquietude social sobre o medio natural, protagonizando accións que en moitos casos foron pioneiras no desenvolvemento de políticas ambientais, que se viron avaladas por reformas normativas recentes, como a recollida selectiva de residuos, os plans estratéxicos de actuación ambiental, e a utilización de materiais reciclados no funcionamento habitual das súas institucións.

Esta situación está favorecendo o desenvolvemento de políticas ambientais municipais, sustentadas en campañas como a impulsada pola Unión Europea e o Consello de Municipios e Rexións de Europa, denominada "Cidades Sostibles", que favorecen o desenvolvemento de iniciativas locais tendentes cara a unha maiores pautas de sustentabilidade, no contexto de desenvolvemento sostible que reclama a Comunidade Internacional como estratexia mundial para a conservación do noso planeta.

Numerosos estudos realizados, entre outros un recentemente elaborado pola UNESCO nas principais cidades europeas, sobre o grao de satisfacción que lle produce ao cidadán vivir na súa cidade, reflicten que o problema da protección do medio ambiente aparece como un das principais causas de preocupación xunto aos de tráfico, a inseguridade cidadá, o transporte, o custo da vida e os problemas do acceso á vivenda.

O Concello ten en conta estas demandas na xestión das súas accións ambientais, coa finalidade de promover un municipio ambientalmente sostible.

Deixa unha resposta