O Concello da Pontenova conta cun novo Punto Limpo Móbil, co que pretende promover a recollida selectiva de residuos entre os veciños e veciñas, promovendo deste xeito a sensibilización ambiental.
Este proxecto foi subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, (código de procedemento MT975J) por un importe de 44.181,00 €.-
O punto limpo móbil consta dun vehículo dotado de grúa e volquete basculante, así como un caixón contedor provisto de 8 bocas para albergar 8 contedores de plástico de 250 litros mínimo.-
Este caixón (punto limpo) percorrerá as distintas parroquias do concello segundo un calendario establecido onde os veciños depositarán todo tipo de residuos, dende pequenos electrodomésticos ata aceites, lámpadas, roupa, etc.
Para un mellor aproveitamento deste vehículo o concello adquiriu ademais unha caixa basculante que permite a recollida de enseres de gran tamaño, así como RAEEs.
Actuación cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.