Este proxecto está subvencionado ao abeiro da orde do 28 de Abril de 2022 – Axudas en materia de residuos de competencia Municipal – Código de procedemento MT975M) por un importe de 34.150,30 €.-
Coa finalidade de mellorar a xestión dos residuos almacenados, propúxose a mellora do punto limpo existente mediante diferentes accións contempladas nas bases da correspondente subvención:
– Ampliación da superficie de almacenamento mediante a instalación de novos contedores e xaulas, mellorando as posibilidades de almacenamento puntual.
– Mellora da seguridade do punto limpo mediante a instalación dun peche perimetral de paneis de malla electrosoldada de 50×50 mm de paso de malla y 4 mm de diámetro, con postes de sección cadrada 40x40x1,5 mm de 2 metros de altura.
Xunto con esta medida, tamén se inclúe a adecuación das portas de acceso para mellorar a súa seguridade.
– Instalación de cubetas de vertidos para incrementar a protección contra a contaminación inherentes aos residuos perigosos. – Instalación de cubertas laterais na caseta de residuos perigosos para aumentar a protección da infraestructura contra as inclemencias meteorolóxicas.
– Instalación dunha caseta para a reutilización e reparación de residuos, co fin de fomentar a economía circular dentro do punto limpo, axudando na concienciación dos diferentes usuarios e veciños.
– Adquisición de transpaleta pesadora para adecuar o rexistro de entradas, co fin de mellorar a caracterización dos diferentes residuos. O rexistro das cantidades de residuos que entran no punto limpo contribúe a mellorar a xestión dos materiais de entrada, debido a que favorece a creación de modelos estatísticos que faciliten a futura programación da xestión.
– Ampliación da tipoloxía de residuos autorizados a depositar por parte dos usuarios, mellorando así o servicio de recollida e conseguindo evitar os diferentes vertedoiros incontrolados que aparecen nos diferentes Concellos que teñen uso do punto limpo.
– Exposición de cartelería e esquemas da correcta xestión dos residuos do punto limpo por parte dos diferentes usuarios. Esta medida é de vital importancia para facilitar a formación e concienciacións dos usuarios, asegurando unha correcta xestión dende o punto de partida da recuperación e reciclado dos diferentes residuos e potenciando a revalorización dos mesmos.
– Instalación de un sistema de videovixilancia, co fin de evitar os incidentes e roubos que se producen no punto limpo. A súa vez, axudará a identificar os vertidos de residuos fora de horario, axudando a facilitar as probas necesarias para os diferentes procesos sancionadores precisos para evitar que se produzan tanto no interior como na contorna do punto limpo.-
Actuación cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.