Órganos de participación cidadá
Concello
Para que un Concello moderno proporcione os mellores servizos e oportunidades á poboación, debe ser aberto e receptivo, disposto a escoitar o que os cidadáns e cidadás queiran transmitir para contribuír a mellorar a política e a xestión dos asuntos públicos. Iso é participación cidadá: a imprescindible participación de todos os homes e mulleres que queiran implicarse nos problemas que lles afectan, achegando puntos de vista, inquietudes e solucións.
Proximamente referiranse neste apartado os órganos de participación cidadá do Concello da Pontenova. Estes órganos constitúen un foro moi efectivo para a transmisión de demandas dos veciños ao Goberno local.