SUBVENCION IMPACTO AUTÓNOMO

SUBVENCION IMPACTO AUTÓNOMO

BANDO

PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO

BENEFICIARIOS

  1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.
  2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.-

3. Tamén poden ser beneficiarias as microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de                    facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 € no mesmo ano 2021.-

  1. As persoas ou entidades sinaladas nos números 1, 2 e 3 anteriores que desenvolvan a actividade en establecementos fixos abertos ao público, o establecemento deberá estar aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación desta orde de axudas.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do programa Impacto Autónomo, dirixidas a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.

REQUISITOS ESPECÍFICOS DAS PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS

  1. Os requisitos exixidos para ser persoa beneficiaria son os que se indican no modelo de solicitude (anexo I), no cal vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará:
    1. –Que está de alta ou situación asimilada, mínimo 6 meses antes da publicación desta convocatoria, no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA ou na mutualida ou, se é unha persoa autónoma de tempada, que está de alta ou situación asimilada no momento de presentación da solicitude, e que estivo de alta un mínimo de 4 e un máximo de 9 meses no ano 2021 e/ou no ano 2022.
    2. – Que ten o domicilio fiscal en Galicia.
    3. – No caso de persoas traballadoras autónomas ou mutualistas, que os seus rendementos netos están entre un mínimo de 10.000 € e un máximo de 30.000 € no exercicio 2021, o cal deberá acreditar documentalmente segundo o artigo 16 desta orde.
    4. – No caso de microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, que a facturación da sociedade non supera os 750.000 € no ano 2021, o cal deberá acreditar documentalmente segundo o artigo 16 desta orde.
    5. – Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de persoa beneficiaria segundo o establecido nesta orde.
    6. – CNAE (Clasificación nacional de actividades económicas) da actividade pola cal solicita a axuda.
    7. – IAE da actividade pola cal solicita a axuda.
    8. – Que, no caso de desenvolver actividade en establecemento fixo aberto ao público, o establecemento vai permanecer aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación desta orde de axudas.
    9. – Que presentou unha única solicitude, ben como persoa autónoma ben como societaria.
    10. – Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.
    11. – Que, coa presentación desta solicitude, acepta a subvención

CONTIA DA AXUDA:

  1. A contía das axudas establécese en función dos rendementos netos das persoas ou entidades solicitantes conforme a seguinte escala
    1. Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos), o importe da axuda será de 800 €.
    2. Para persoas autónomas que tributen en réxime de estimación directa ou atribución de rendas, e outros réximes:

– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.

– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 30.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.

3.Para microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís:

Cun mínimo de facturación no ano 2021 de entre 50.000 € e un máximo de 250.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.

Cunha facturación superior a 250.000 € no ano 2021 e ata un máximo de 750.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.

 

  1. Os importes previstos no punto 1 deste artigo reduciranse ao 50 % no caso de persoas autónomas, microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís que se desen de alta ao longo do ano 2021 e non acrediten 12 meses completos de actividade.

 

Igualmente, o importe reducirase ao 50 % no caso de persoas autónomas de tempada.

 

PRAZO DE SOLICITUDES:

 

O prazo  de presentación de  solicitudes  comezará o 9 de  xaneiro e finalizará o 9 de febreiro de 2023.  As axudas  outorgaranse por orde de presentación.

 

 

Pechar menú