Inmigración

En íntima relación coa área de Igualdade traballan os responsables municipais que desempeñan funcións de información e asistencia ás persoas inmigrantes.

O progresivo incremento de estranxeiros nos municipios galegos obrigou a institucións, organizacións e entidades a reflexionar sobre a acollida que os habitantes de cada municipio brindan aos seus novos veciños. Desde o Concello préstaselles axuda para a súa integración na comunidade e, ao mesmo tempo, promóvense actividades divulgativas e culturais co afán de facer da nosa veciñanza un espazo de solidariedade para as distintas xentes que queren facer da Pontenova a súa terra de adopción.

Deixa unha resposta

Pechar menú