Escola de Música

A Escola Municipal de Música da Pontenova dá comezo como proxecto no ano 2003.

Ao longo de todo este tempo sufriu transformacións de toda índole, ata que por fin en 2007 deixou de ser un proxecto para converterse nunha realidade.

O curso 2008 - 2009 comeza con grandes expectativas e cambios visibles.

O primeiro deles, e probablemente o máis importante, é que o número de alumnos matriculados aumentou considerablemente en comparación con anos anteriores. Dato importante a ter en conta xa que é habitual que co paso do tempo o número de matrículas descenda.

Doutra banda cabe dicir que este curso regálanos unhas novas instalacións, dotadas de todo tipo de material necesario: aire acondicionado, salas independentes, mobiliario, instrumentación, etc.

A oferta formativa mantense como en anos anteriores:

- Música e movimiento (de 3 a 6 anos).

- Preparatorio (de 6 a 8 anos).

- Linguaxe Musical.

- Piano.

- Guitarra.

- Acordeón.

- Gaita.

- Percusión.

Como novidade, ofértase a posibilidade de traballar en equipo, formando aos interesados a modo de pequenas agrupacións musicais, que por suposto, disporán de salas, instrumentos, etc. para levar a cabo o seu obxectivo.

Outra das novidades serán os cursos formativos que terán lugar en períodos vacacionais, coa finalidade de complementar a formación e achegar outras perspectivas musicais aos alumnos.

O claustro de profesores está formado por:

- Reinhold Böhrer, profesor de guitarra.

- Abel Péres, profesor de acordeón e linguaxe musical.

- Julio Rodríguez, profesor de gaita.

- Enrique Alonso, profesor de percusión.

- Eva Rico, profesora de piano, linguaxe musical, música e movemento, preparatorio e canto.

Desde o Concello da Pontenova e en especial desde a Escola de Música invitamos a todos os matriculados a que gocen da música e compártana cos demais, e sobre todo pedímoslles que sexan conscientes da riqueza da que dispón ao ter xa unha escola municipal consolidada.

Deixa unha resposta

Pechar menú